Cospeito celebra o Día da Muller cunha proxección e un contacontos para adultos

TerraChaXa
Con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller, o centro sociocultural Federico González acollerá un acto a partir das 11.00 horas.
dia da muller cospeito portada
4 Mar 2023

Con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, o centro sociocultural Federico González acollerá un acto a partir das 11.00 horas.

Nesta sesión proxectarase a curtametraxe Postre, ademais do Making of, ao que seguirá un coloquio. Tras un descanso, ás 13.00 horas haberá un espectáculo de narración oral para adultos co título Todas as voces contan.

Pola tarde, ás 18.30 horas terá lugar o acto central do Día da Muller, que consiste na presentación do proxecto Libres e diversas: xuntos é mellor, un proxecto audiovisual do Concello de Cospeito polo 8M. Esta terá lugar na casa da cultura de Feira do Monte.,

dia da muller cospeito
0.19042205810547