O gañador do concurso, que será elixido por un xurado conformado por polo menos tres facultativos, levará 180 euros; o segundo clasificado, 150; o terceiro, 120, e o cuarto, 90. Tamén haberá premios en metálico de 40 euros para os seis seguintes clasificados.
A organización sorterá unha parella de porquiños e tamén unha cesta de nadal e, ademais, entregaranse agasallos a todos os gandeiros. Tamén estarán no pavillón do recinto feiral proveedores de produtos típicos do porco e produtos galegos de calidade. Paralelamente, haberá unha carpa para a celebración da feira para evitar as inclemencias do tempo na praza, ao lado das polbeiras.
Combinado con isto, haberá actuacións durante toda a xornada co colofón do tradicional Festival de Outono, Música do Mundo, un fetival de corais que terá lugar a partir das 21.00 horas na casa da cultura. Actuación a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume, A Coral Polifónica de Taboada e a Coral Municipal Virxe do Monte Cospeito.
Pola mañá tamén haberá actividades deportivas no pavillón.