Cospeito celebrará o sábado 30 unha nova edición da Feira do Porco de Ceba

TerraChaXa
Como se fai todos os anos, pola noite haberá un Festival de Corais, ás 20.30 horas, na casa da cultura
presentacion-feira-do-porco-da-ceba-cospeito
20 Nov 2024

O Concello de Cospeito vivirá o sábado 30 de novembro unha nova edición da Feira do Porco de Ceba, a XXXV edición, que manterá a tradicional programación e que contará con diferentes actividades complementarias na Feira do Monte.

Esta tradicional celebración desenvolverase na praza da feira nunha carpa instalada para tal fin e na que haberá premios aos mellores exemplares e un agasallo para cada gandeiro participante.

Entre os asistentes sortearase unha cesta de Nadal e haberá tamén degustación de produtos típicos do porco a partir das 10.00 horas.

A feira abrirá as súas portas ás 8.00 horas e están invitados a participar no concurso todos os animais que entren antes das 10.30 horas. Unha vez feita a deliberación do xurado, farase entrega dos premios ás 14.00 horas, que consistirán en 150, 120 e 80 euros para os tres primeiros animais valorados. Tamén se repartirán outros catro de 50 euros cada un.

Paralelamente, haberá outro tipo de actividades. Así, abrirase ás 10.30 horas o apartado musical con Asubíos da Chaira e tamén contarán con actividades deportivas no pavillón municipal dos deportes desde as 9.30 horas. Contarán feira gastronómica e sesións de showcooking de produtos típicos, ademais de mercado de produtos locais, matadoiro móbil e exposición gandeira de Porco Celta.

Como se fai todos os anos, pola noite haberá un Festival de Corais, ás 20.30 horas, na casa da cultura, terá lugar o festival de corais coa participación da coral Virxe do Monte de Cospeito.

feira-do-porco-da-ceba-cospeito-cartel
0.19501614570618