Cospeito comeza coas obras do polígono de Feira do Monte

TerraChaXa
As obras do polígono cospeités están en marcha e contan cun orzamento de 1,8 millóns.
14 Jan 2020

As obras do polígono cospeités están en marcha e contan cun orzamento de 1,8 millóns.

A primeira fase do chán industrial de Feira do Monte ten un orzamento de 1.860.477 euros, e os traballos previsiblemente estarán terminados antes do verán.

Contan que se instalen unhas 30 parcelas de entre 800 e 1.500 metros cadrados cada unha e "xa hai 40 empresas interesadas para asentarse, como empresas de transporte, de almacenaxe ou de produtos zoosanitarios ", di o alcalde de Cospeito Armando Castosa.

Neste polígono construiranse dúas rúas paralelas á LU-111, a vía de comunicación máis transitada de Lugo coa Mariña, e dous transversais para facilitar o acceso desde Vilalba sen atravesar a vila.

"Neste proxecto inclúese a división das parcelas, e tamén das zonas verdes, viais, aparcadoiros, o alumeado led, a instalación de gas, telefonía ou fibra óptica. Todo o necesario para axudar ao asentamento das empresas", explica Castosa.

Estes traballo están adxudicados á empresa Hermano Blanco Trigo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16390204429626