Cospeito contará co servizo Coidados porta a porta co cambio de mes

TerraChaXa
Cospeito informa que nos días 30 de xuño e 1, 4 e 5 de xullo estará na praza Maior de Muimenta unha unidade dos Coidados porta a porta.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
21 Xuño 2022

O Concello de Cospeito en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa que nos días 30 de xuño e 1, 4 e 5 de xullo estará na praza Maior de Muimenta unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

coidados porta a porta cospeito
0.085142850875854