Cospeito contará cun campamento para nenos dende o día 1
O Concello de Cospeito inicia o día 1 un campamento de verán nas instalacións do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de entre 3 e 11 anos de idade.
O campamento prolongarase ata o 30 de xullo e nel desenvolveranse actividades de lecer e recreativas ao aire libre, xogos de todo tipo, busca do tesouro e xogos de auga, ademais de xornadas culturais con teatro, cine ou periodismo.
Traballarase e grupos reducidos e mantendo todas as medidas sanitarias vixentes para facer fronte á propagación da covid-19. O horario será de mañá.
O día 30 celebrarase a Festa fin de campamento, na que poderán participar todos os asistentes.
Hai 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición e esta remata o día 30 deste mes. Esta debe facerse nas oficinas municipais situadas na casa consistorial.
Dende a organización anunciaron que o custe do mesmo será en función da renda familiar e con descontos para os segundos irmáns.