Cospeito contará cun campamento para nenos dende o día 3
O Concello de Cospeito inicia o día 3 un campamento de verán nas instalacións do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos de idade.
O campamento prolongarase ata o 31 de xullo e nel desenvolveranse actividades de lecer e recreativas ao aire libre, xogos de todo tipo, busca do tesouro e xogos de auga, ademais de xornadas culturais con teatro, cine ou periodismo.
O horario será de mañá, de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.
O día 31 celebrarase a Festa fin de campamento, na que poderán participar todos os asistentes e que contará con festa da escuma.
Hoxe abre o prazo de inscrición para estes campamentos, que finalizará o mércores 28 de xuño. Esta debe facerse nas oficinas municipais situadas na casa consistorial.
Dende a organización anunciaron que o custe do mesmo será en función da renda familiar e con descontos para os segundos irmáns.