Cospeito continuará a programación de Nadal coa celebración dun bingo

TerraChaXa
Será o día 28 en Muimenta e o 30 na Feria do Monte
programa-de-nadal-cospeito
24 Dec 2025

Tras o Nadal, o 26 de decembro continuará o programa de Nadal no termo municipal. Así celebrarase un bingo en Muimenta ás 18.00 horas na Casa da Cultura, mentres que o 30 de decembro terá lugar outro bingo na Casa da Cultura da Feira do Monte, tamén ás 18.00 horas.

O novo ano comezará o 2 de xaneiro cunha saída a XuvenLugo, de 9.00 a 14.00 horas, con prazas limitadas e inscricións dirixidas ao alumnado do CPI Plurilingüe Virxe do Monte e do CEIP Plurilingüe de Muimenta.

O 3 de xaneiro celebrarase o Concerto de Nadal na Casa da Cultura da Feira do Monte, ás 20.00 horas, cun festival de corais que porá a nota musical ás festas. A programación pecharase o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis, que sairá ás 17.00 horas desde a Casa da Cultura da Feira do Monte e percorrerá as rúas con animación en vivo, inchables e reparto de chocolate con churros.

⚙ Configurar cookies
0.075227022171021