Cospeito inicia o Entroido Cultural este domingo con espectáculo infantil

O Concello de Cospeito organiza o seu tradicional Entroido Cultural 2025, con tres datas destacadas para todas as idades.
O domingo 9 de febreiro, a Casa da Cultura de Muimenta acollerá, ás 17:30 horas, o espectáculo infantil El Mundo de los Muñecos, unha representación máxica coa participación de personaxes moi coñecidos. As entradas anticipadas están dispoñibles na plataforma Ticketrona.com por 8 euros, e tamén se poderán adquirir o mesmo día do evento por 12 euros.
O sábado 22 de febreiro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de Feira do Monte, repetirase o espectáculo El Mundo de los Muñecos para aquelas familias que non puideran asistir ao evento anterior.
Finalmente, o venres 28 de febreiro terá lugar o prato forte das celebracións, coa celebración do Entroido Infantil ás 18:00 horas e, pola noite, o Entroido para adultos a partir das 23:00 horas. Durante o evento haberá música a cargo de Puzzle Animación e a actuación musical do Dúo D’ Caché Music.
Ademais, as bases e máis información sobre os eventos poderanse consultar na páxina web oficial do Concello de Cospeito (www.concellodecospeito.es) ou na súa conta de Facebook.
Estas actividades contan coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas.