Cospeito organiza a segunda carreira popular

TerraChaXa
O Concello de Cospeito celebrará o día 6 de maio unha carreira popular. O prazo de inscricións pecha o xoves 4 de maio.
carreira cospeito popular portada
3 Maio 2023

O Concello de Cospeito celebrará o día 6 de maio a segunda edición da Carreira Popular que tivo a súa primeira edición o ano anterior á pandemia e que non se fixo neste tempo.

A II Carreira Popular de Cospeito está organizada polo Concello coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, de la Xunta de Galicia.

O prazo de inscricións aínda está aberto ata o xoves 4 e os interesados poden anotarse nesta cita en www.carreirasgalegas.com. Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 14 quilómetros arrincará ás 11.00 horas de Muimenta e levará aos participantes ata a capitalidade municipal de Feira do Monte, onde se instalará a meta.

Os máis pequenos completarán diferentes percorridos en Feira do Monte, a partir das 12.30 horas.

Haberá servizo de bus a Muimenta para o inicio da carreira.

0.18758606910706