Cospeito prepárase para celebrar o Entroido 2026 cunha gran festa para todas as idades

TerraChaXa
Comezará o venres 13 de febreiro ás 16:30 horas e estará dirixido a nenos e nenas de ata 16 anos
concurso-entroido-cospeito
24 Jan 2026

O Concello de Cospeito organiza o Entroido 2026, unha celebración chea de cor, disfraces e diversión para grandes e pequenos. A cita será o venres 13 de febreiro e contará cun programa variado que inclúe desfiles, concursos e música en directo.

O Entroido Infantil comezará ás 16:30 horas e estará dirixido a nenos e nenas de ata 16 anos. Haberá diferentes categorías de premios: individual, parellas e grupos ou comparsas, con recompensas económicas de 35, 609 e 120 euros para os gañadores de cada categoría. Ademais, outorgarase un premio local de 100 euros e todos os asistentes poderán gozar de chocolate con churros grazas á colaboración dos comercios da Feira do Monte.

Pola noite, a partir das 23:00 horas, celebrarase o Entroido de Adultos, onde tamén haberá premios nas mesmas modalidades, cunha dotación de ata 400 euros para o primeiro posto de grupos, ademais de 300 e 150 euros. E individual os premios serán entre 120 e 70 euros e en parellas de 150 a 100 euros.  Tamén haberá un premio especial de 150 euros. A festa estará amenizada polo Dúo D’Caché Music, e haberá tamén un sorteo dunha cesta típica do Entroido.

As inscricións realizaranse no propio día da celebración: os nenos deberán anotarse ás 16:30 horas e os adultos ás 22:00 horas. A animación musical correrá a cargo de Puzzle Animación, e tanto o desfile infantil como o de adultos garantirán unha tarde e noite cheas de diversión.

O evento está organizado polo Concello de Cospeito en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas.

Máis información nesta ligazón

entroido-cospeito-2026
⚙ Configurar cookies
0.077987909317017