Cospeito recibe máis de 90.000 euros para a mellora de camiños

TerraChaXa
O Plan Camiña Rural permitirá executar, durante os anos 2025 e 2026, un total de 626 actuacións en preto de 513 quilómetros de vías municipais
armando-castosa-conselleira-maria-jose-gomez
14 Jul 2025

Cospeito recibiu un total de 92.824 euros para financiar a mellora dos seus camiños municipais con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta para o período 2025-2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe co alcalde deste concello lucense, Armando Castosa, para avaliar esta colaboración e avanzar noutros eidos relacionados co impulso ao agro neste municipio.

Na xuntanza, que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta en Lugo, púxose en valor este investimento, que permitirá ampliar e mellorar camiños para facilitar a accesibilidade no medio rural, vertebrar o territorio e contribuír á fixación de poboación, reforzando así as condicións de vida e traballo nestas zonas.

O Plan Camiña Rural permitirá executar, durante os anos 2025 e 2026, un total de 626 actuacións en preto de 513 quilómetros de vías municipais en 299 localidades de toda a nosa comunidade, o que implica un orzamento superior aos 18 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.1445209980011