Cospeito remata mañá o mes dedicado á igualdade de xénero
O Concello de Cospeito pechará mañá, as actividades organizadas baixo o programa Cospeito en clave de xénero: Elas e co que se quixo poñer en valor a igualdade coa colaboración do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Durante todo o mes de xuño fixéronse varias actividades a cargo do artista lucense Iago Eireos con actuacións en diferentes espazos urbanos e un taller didáctico co título Arte, Xénero e Igualdade, que se realizou o luns con alumnado do centro Virxe do Monte.
Así, mañá, na praza do Concello de Cospeito poderá verse a mostra Efímera Elas que recolle unha homenaxe a cinco mulleres: Pilar López Cupeiro, María del Carmen Castro Corral, Luis Hermida Fernández, Dominica Comendeiro Comendeiro, Avelina Gutiérrez Anllo, Genoveva Álvarez Castiñeira, Isaura Engroba Fernández, Zoe Novo Miguélez e Isabel Carracedo Lozano. Esta mostra poderá visitarse no Concello durante un tempo para pasar despois polos distintos colexios e edificios municipais.
Ademáis, haberá un concerto homenaxe a cargo de Noelia Geada e David Taboada coa colaboración do grupo local de música tradicional Asubíos da Chaira. Será a partir das 13.00 horas.