Cospeito xa ten imaxe gañadora do concurso sobre a violencia de xénero
A imaxe gañadora do II Concurso de Imaxes Contra a Violencia de Xénero organizado polo Concello de Cospeito dentro dos actos levados a cabo neste ano arredor do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, foi Beteluna co lema Que o único que che faga dano sexan os teus zocos, que gañou o premio de 120 euros.
O seu traballo foi recibido o día 18/11/2023 e contou con 829 me gustas na páxina de Facebook do Concello de Cospeito.
Beteluma está formado por Belén, Telma, Lucía e Marta e foi o que máis votos tivo, aínda que o concurso recibiu un total de 2.839 votos (me gusta).
A segunda imaxe máis votada foi a de Rosario Sánchez Pena, co lema La sangre de una mujer maltratada es la herida de todos, que contou con 780 me gustas. En terceiro lugar quedou Fernando Pin Cabana, co lema Non vos queremos caladas, querémosvos libres, que contou con 342 me gustas.