Costas abre o prazo para a solicitude de instalación de tempada nas praias da Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
Costas abre o prazo para a solicitude de instalación de tempada nas praias da provincia de Lugo para o ano 2021.
106067892_3132243586813705_1371195354529701112_n
15 Nov 2020

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informa de que o Servizo Provincial de Costas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico abre o prazo de presentación de solicitudes para instalacións de tempada nas praias da provincia de Lugo para o ano 2021.

Costas publica hoxe no Boletín Oficial do Estado o anuncio de información pública no que comunica que o prazo estará aberto desde o luns, día 16 de novembro, ata o día 22 de decembro inclusive.

As persoas interesadas deberán presentar unha instancia acompañada por documentación coa proposta da zona a ocupar, indicando os metros cadrados, plano de situación e pranta nos que se represente a liña de deslinde do dominio público marítimo-terrestre, presuposto das instalacións e estudo da previsión dos beneficios netos no período solicitado e proxecto básico das instalacións xunto con fotografía da instalación, nos casos nos que fora posible.

No caso das solicitudes para actividades deportivas de carácter náutico, así como actividades que conleven o lanzamento ou varada de embarcacións, os solicitantes deberán acreditar a inscrición na Federación correspondente. No caso deste tipo de instalacións, só se poderán autorizar en treitos urbáns de praia e deberán ir acompañadas do informe da Federación.

En todo caso, as instalacións dos servizos de tempada deben respectar a lexislación vixente en materia de Costas e, en particular, as prescricións relativas a superficies de ocupación, distancias entre instalacións, concentración máxima ou efectividade da servidume de tránsito, entre outras.

 

0.091706991195679