Coti actuará o día 15 nas patronais de Viveiro
O músico arxentino Coti, autor de cancións tan coñecidas como Nada de esto fue un error o Antes que ver el sol, actuará nas patronais de Viveiro, e o fará con entrada libre y gratuita.
Este concerto, que se enmarca nas festas da cidade do Ladro, será o prato forte do 15 de agosto na praza Maior ás 23.00 horas.
O músico é tamén coñecido pola súa faceta como produtor e polas súas colaboracións con Andrés e Javier Calamaro. É tamén coautor doutras cancións interpretadas por outros cantantes como Color esperanza, interpretada por Diego Torres, ou Andar conmigo de Julieta Venegas.
A concelleira de cultura espera desvelar a vindeira semana o programa completo das festas patronais, que terán actividades durante todo o mes de agosto e ademais o cartel estará diseñado polo artista local David Catá.