Cousas Nosas de Cospeito organiza unha viaxe a Santander en maio

A asociación de mulleres rurais Cousas Nosas de Cospeito leva a cabo unha nova actividade cultural e de convivencia cunha viaxe organizada a Santander os días 24 e 25 de maio. A saída será o sábado 24 ás 7:00 horas diante da Casa do Concello. Ese día inclúe o almorzo durante o traxecto, a chegada ao hotel para o xantar e unha visita á cidade de Santander.
O domingo 25 está prevista unha excursión a Santillana do Mar, con posterior xantar e regreso ao lugar de orixe.
O prezo por persoa é de 150 euros para socios e 270 euros para non socios, incluíndo o autobús, almorzo do sábado, unha noite de hotel en réxime de pensión completa, guía e seguro de viaxe. As persoas que desexen habitación individual deberán aboar un suplemento de 25 euros no caso de socios e 45 euros no caso de non socios.
As inscricións poden realizarse ata o 28 de abril a través de calquera membro da directiva da asociación. Trátase dunha excelente oportunidade para coñecer o norte de España nun ambiente distendido e acompañado.