Cova da Serpe organiza a Ruta BTTeiros

TerraChaXa
O Club Btteiros Cova da Serpe, coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo, e de acordo co Regulamento Xeral de Cicloturismo, organiza a V Ruta Btteiros Cova da Serpe Guitiriz o sábado 7 de setembro de 2019, con saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz.
Captura de pantalla 2019 07 17 a las 12.24.50
6 sep 2019

O Club Btteiros Cova da Serpe, coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo, e de acordo co Regulamento Xeral de Cicloturismo, organiza a V Ruta Btteiros Cova da Serpe Guitiriz o sábado 7 de setembro de 2019, con saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz. A saída darase as 09:00 horas.

As inscripcións, que deben facerse a través da web de championchipnorte.com, xa está aberta e poderá facerse ata o día 31 de agosto ou cando se acade o total de inscritos que é de 250 inscritos.

Nesta cita deportiva podreán participar todo ciclista maior de 15 anos en posesión da licenza válida da Real Federación Española de Ciclismo.

Hai 3 distancias para facer o percorrido, de 37 quilómetros, de 53 e de 72, esta última só para deportistas con experiencia. A ruta estará debidamente sinalizada, agás para os da ruta extrema, que será só por GPS.

A proba terá un custe de 12 euros para ciclistas federados e de 22 para non federados. Ademais, haberá un xantar, a un prezo de 14 euros, ao que poderán sumarse tanto ciclistas como acompañantes.

66527573_2376650525888306_4346140822014525440_o
0.18704414367676