Crearán unha antoloxía artística polo 25N con participación aberta a toda a poboación

Esta convoratoria está aberta a toda a poboación e para participar cada persoa só poderá achegar unha única obra, que enviará ao enderezo electrónico info@culturaliagz.com.
A data límite para a recepción de obras será o 8 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.