Con motivo da conmemoración anual do 25 de novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, a Asociación Cultural Caldaloba e o portal web Culturalia GZ convocaron o Manifesto polo 25N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller, unha antoloxía que amosará desde a vertente poética (textual, imaxinativa, gráfica) a visión particular de 25 artistas da palabra e/ou da imaxe arredor do 25 N.
Esta convoratoria está aberta a toda a poboación e para participar cada persoa só poderá achegar unha única obra, que enviará ao enderezo electrónico info@culturaliagz.com.
A data límite para a recepción de obras será o 8 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.