Creáse en Friol o Club Deportivo Jalizar, que se presenta cunhas xornadas

TerraChaXa
O venres día 17 presentarase no Centro Sociocultural un novo club deportivo do municipio friolés, e o sábado 18 celebrarase o XIV Master CCBP
master friol ccbp portada
16 Dec 2021

Este venres, día 17 de decembro de 2021, ás 20:15 horas, presentarase oficialmente no Centro Sociocultural de Friol, o Club Deportivo Jalizar. Este club está integrado por amantes da natureza e dos animais, especialmente dos cans.

Con esta xuntanza, e con outras vindeiras, pretenden mostrar un enfoque diferente do aproveitamento cinexético dos nosos montes, acorde cos tempos actuais.

Para ese fin, un dos seus obxectivos é o de organizar xornadas didácticas, como a que se levará a cabo en esta ocasión, na que participarán Jesús Muñoz (delegado do Club Cazadores de Becada con Perro), José Baldó (xuíz Máster CCBP) e Ezequiel Becerra (concursante Master CCBP).

En esa tarde de venres, contarán coa inestimable colaboración do Club Cazadores Becada con Perro, do cal son integrantes os fundadores do Club Jalizar, e que conxuntamente co Concello de Friol son colaboradores da proba XIV Máster CCBP, que é unha proba de cans de  mostra sobre becada, que se celebrará na xornada do sábado, día 18 de decembro, a partir das oito da mañá. Esta proba é considerada unha das máis importantes a nivel nacional.

Integrantes do Club Deportivo Jalizar e o propio alcalde de Friol indican que “é unha honra para este Club e para este pobo, que entre todos os montes de Galicia escolleran o noso para celebralo”, dentro do Tecor "Cova da Serpe", que colabora poñendo os terreos a disposición dos participantes.

master ccbp friol
0.19371581077576