Crecente inicia as festas de San Salvador cunha comida veciñal o sábado

TerraChaXa
Comezarán o 13 cunha comida veciñal e o resto das festas serán a fin de semana seguinte
festas-patronais
Festas
9 Xul 2024

Na Pastoriza, na localidade de Crecente, celebran as festas na honra a San Salvador en dúas fins de semana diferentes.

O programa dará comezo o sábado 13 cunha sesión vermú a cargo de Verónica Cambón, que volverá a actuar logo da comida veciñal servida polo bar Fénix.

O sábado 20 retomaranse as festividades, ás 13.30 horas, cunha misa, procesión e sesión vermú coa orquestra M-3 que, ademais, compartirá escenario con Fussión Latina na verbena da noite.

O domingo, terá lugar unicamente unha sesión vermú a partir das 14.00, co dúo Belinda como acompañamento.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.13302707672119