Crecente prepárase para celebrar as súas festas na honra de San Salvador

O lugar de Crecente, no concello da Pastoriza, vivirá este mes de xullo unhas festas moi especiais na honra de San Salvador, con tres días cheos de actividades, música e tradición, organizadas co apoio do Concello da Pastoriza.
Despois da comida popular celebrada o pasado 12 de xullo, as celebracións comezarán o sábado, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Los Key, que tamén animará a verbena nocturna.
Ese mesmo día tamén actuará o dúo Venus, que traerá ritmo e diversión para todos os públicos.
O domingo 20 de xullo, a festa continuará coa sesión vermú amenizada polo dúo Belinda, un clásico nas festas galegas que fará gozar aos asistentes cun repertorio variado.
Todos os actos celebraranse nun campo cuberto con carpa, garantindo o desenvolvemento das actividades con independencia da meteoroloxía.