Cristian e Ángel gañaron a quinta edición do torneo de pádel de Begonte

TerraChaXa
No cadro de consolación, o triunfo correspondeu a Brais e Adri, quedando como subcampións Jose e Miguel
padel-begonte
14 Sep 2025

O Concello de Begonte celebrou os días 29, 30 e 31 de agosto a quinta edición do Torneo de Pádel, unha cita deportiva que reuniu a numerosos participantes e afeccionados nun ambiente de competición e compañeirismo.

No cadro principal proclamáronse campións Cristian e Ángel, mentres que o segundo posto foi para Yelco e Fer. No cadro de consolación, o triunfo correspondeu a Brais e Adri, quedando como subcampións Jose e Miguel.

Desde a organización agradecen a implicación de todas as persoas que participaron e asistiron ao evento, destacando o bo ambiente vivido durante toda a fin de semana.

Nos próximos días darase a coñecer máis información sobre esta edición do torneo, que segue a consolidarse como unha das citas deportivas máis destacadas do verán no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.055157899856567