Cristian e Ángel gañaron a quinta edición do torneo de pádel de Begonte

TerraChaXa
No cadro de consolación, o triunfo correspondeu a Brais e Adri, quedando como subcampións Jose e Miguel
torneo-padel-begonte
14 Sep 2025

O Concello de Begonte rematou a quinta edición do Torneo de Pádel cun novo éxito, ao ser unha cita deportiva que reuniu a numerosos participantes e afeccionados nun ambiente de competición e compañeirismo.

No cadro principal proclamáronse campións Cristian e Ángel, mentres que o segundo posto foi para Yelco e Fer. No cadro de consolación, o triunfo correspondeu a Brais e Adri, quedando como subcampións Jose e Miguel.

Desde a organización agradecen a implicación de todas as persoas que participaron e asistiron ao evento, destacando o bo ambiente vivido durante toda a fin de semana.

⚙ Configurar cookies
0.18638181686401