Críticas ao Concello de Trabada por non propoñer medidas de escolarización para os trabadenses e mariñáns

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os populares lamentan que a alcaldesa “non propuxese medidas atractivas” para que as familias escolaricen os seus fillos en Trabada.
2 Ago 2019

Os populares lamentan que a alcaldesa “non propuxese medidas atractivas” para que as familias escolaricen os seus fillos en Trabada. Os edís do PP fan esta valoración “porque temos a matrícula máis baixa da Mariña, e probablemente de toda a provincia, polo que antes de ir a buscalos a Guadalaxara ou a Senegal, o lóxico sería crear máis oportunidades para que os de aquí elixan non irse fóra”. E é que, o curso académico 2018-2019 tivo 14 rapaces escolarizados no municipio, ademais doutros 10 que, malia estar censados neste concello, cursaron os seus estudos noutros lugares e incluso noutras Comunidades como a de Asturias. 

Con todo, os populares queren deixar claro que non se opoñen a que o concello acolla familias de ditos lugares, pero si que consideran “lóxico” que a entidade local debería de propor antes actuacións que estimulen ás familias a escolarizar os rapaces en Trabada, á marxe incluso da preferencia dos proxenitores para elixir o colexio dos seus fillos.

“O que debería de facer é algo atractivo para os de aquí, e para que, en vez de ir a buscalos a Senegal ou Guadalaxara, os que están escolarizados fóra de Trabada, queden aquí”, remarcan.  

 

0.16061401367188