Críticas do Concello e a veciñanza polo peche do centro de saúde de Parga durante o verán

O Concello de Guitiriz mostrou a súa disconformidade ante a decisión do Sergas de pechar o consultorio de Parga do 1 xullo ao 31 de agosto dentro do seu plan de centros para o verán.
"Logo de recibir a noticia, queremos deixar claro o noso malestar ante esta información, esixindo que se manteña a asistencia nos meses de verán cubrindo as vacacións do persoal como ocorre noutros centros de saúde", anunciaron desde o Goberno local.
Anunciaron que trasladarán unha petición formal para que se deixe, "polo menos", un médico por día no Centro de Saúde que poida atender á veciñanza de Parga e arredores.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, destaca que esta decisión "supón un deterioro claro do servizo e unha clara discriminación para a veciñanza do rural, que tamén ten dereito a unha sanidade pública e de calidade, independentemente da época do ano”.