Críticas porque a piscina municipal de Trababa estea pechada dende o 10 de xullo

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Xul 2019

O Grupo Municipal Popular denuncia que a piscina permaneza pechada durante case unha semana cando nos atopamos nos días de máis calor do ano e de maior afluencia de público
O Partido Popular de Trabada critica que a piscina municipal leve pechada dende o día 10 de xullo.
Así, o voceiro do Grupo Municipal Popular, José María Fernández Vázquez, indica que “en pleno verán a piscina municipal non pode permanecer pechada durante case unha semana privando aos veciños e veciñas do seu uso nos días de máis calor do ano e de maior afluencia de público”.
O voceiro popular demándalle á alcaldesa, a socialista Mayra García, que faga unha planificación axeitada deste servizo para que non volva a suceder o mesmo en vindeiras tempadas estivais.
Os populares trasladan esta critica ao saber que a rexedora manterá a piscina municipal pechada entre os días 10 e 15 de xullo ambos incluídos, en pleno verán, ao non ter monitores que atendan o servizo.

0.15850496292114