Cruz Vermella de Vilalba prepara unha carreira solidaria de 450 quilómetros
TerraChaXa
Cruz Vermella de Vilalba prepara unha carreira solidaria en bicicleta para o venres 7 de agosto.
4 Ago 2020
Cruz Vermella de Vilalba prepara unha carreira solidaria en bicicleta para o venres 7 de agosto.
A devantita proba consta de 450 quilómetros e está organizada pola A.P. San Ramón de Vilalba e ten como finalidade a recollida de alimentos para os veciños que están a sufrir a peor parte da crise.
A proba dará comezo o sábado ás 19.00 horas na praza da Constitución e tan só pararán para xantar ou mudar a roupa ata chegar a Fisterra e despois volver cara á Terra Chá, á que contan chegar o domingo 9 ao mediodía.