Cruz Vermella imparte en Vilalba unha charla sobre prevención e seguridade nos maiores

TerraChaXa
A duración da sesión será de 1 hora e 30 minutos, e a inscrición previa é obrigatoria
charla-maiores-vilalba
17 Nov 2024

O vindeiro mércores, 20 de novembro, terá lugar en Vilalba unha interesante sesión orientada á Prevención e mellora da seguridade dos maiores, dentro do Plan Maior de Seguridade da Garda Civil organizada por Cruz Vermella. A charla desenvolverase de 11:00 h a 12:30 h na aula do Centro de Saúde de Vilalba, en colaboración co Sergas e o Plan Local de Saúde de Vilalba.

A actividade, dirixida especialmente ás persoas maiores, ofrecerá consellos prácticos para mellorar a seguridade en diferentes ámbitos da vida diaria, como na rúa, no fogar, no banco ou durante viaxes. Ademais, trataranse medidas preventivas fronte a estafas e situacións de violencia, entre outros aspectos clave.

A duración da sesión será de 1 hora e 30 minutos, e a inscrición previa é obrigatoria. As persoas interesadas en participar poden contactar no teléfono 982 511 303.

Esta iniciativa destaca como unha excelente oportunidade para reforzar a protección e o benestar das persoas maiores da comunidade, grazas á colaboración entre entidades locais e a Garda Civil.

0.19281506538391