Cruz Vermella imparte en Vilalba unha charla sobre saúde na terceira idade
Este mércores, 4 de decembro, terá lugar en Vilalba unha interesante sesión orientada á Saúde na terceira idade. A charla desenvolverase de 11:00 h a 12:30 h na aula do Centro de Saúde de Vilalba, en colaboración co Sergas e o Plan Local de Saúde de Vilalba.
A actividade, dirixida especialmente ás persoas maiores e nela falarán das enfermidades máis frecuentes na terceira idade entre as que se atopan, por exemplo, as cardiovasculares e as respiratorias, dando nocións básicas de como promover un bo estado de saúde manténdose sans e activos a través do exercicio e a alimentación saudable.
A duración da sesión será de 1 hora e 30 minutos, e a inscrición previa é obrigatoria. As persoas interesadas en participar poden contactar no teléfono 982 511 303.