Cruz Vermella inicia unha serie de obradoiros no centro de saúde vilalbés

TerraChaXa
Este mercores, 8 de maio, Cruz Vermella de Vilalba dará inicio a un ciclo de obradoiros que se desenvolverán no centro de saúde de Vilalba, en colaboración co Sergas e dentro do Plan Local de Saúde de Vilalba.
plan de formacion cruz vermella vilalba2
7 Maio 2024

Este mercores, 8 de maio, Cruz Vermella de Vilalba dará inicio a un ciclo de obradoiros que se desenvolverán no centro de saúde de Vilalba, en colaboración co Sergas e dentro do Plan Local de Saúde de Vilalba.

O primeiro será unha sesión de Estimulación Cognitiva onde traballaranse diferentes exercicios enfocados a mellorar o rendemento da memoria, centrándose no cálculo, a atención e a linguaxe, entre outros.

A sesión terá unha duración dunha hora e media e comezará ás 11:00 horas na aula do centro de saúde que cedeu o Sergas a esta institución.

Estes talleres realizaranse de forma quincenal, os mércores, en horario de 11:00 horas a 12.30 horas, tratándose diferentes temáticas en cada un deles.

As persoas que desexen participar poden facelo contactando con Cruz Vermella no número de teléfono 982 511 303.

0.048128128051758