Cruz Vermella organiza un curso en Meira sobre a lingua e cultura galegas para poboación migrante

TerraChaXa
O curso é totalmente gratuíto e inclúe material didáctico, ademais de ofrecer un certificado oficial emitido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
curso-de-galego-meira
27 Oct 2025

A Cruz Vermella, coa colaboración do Concello de Meira e o financiamento da Xunta de Galicia, organiza un curso gratuíto de introdución á lingua e á cultura galegas dirixido á poboación migrante. A actividade, que terá unha duración total de 20 horas, desenvolverase do 10 ao 13 de novembro na Casa da Cultura de Meira, en horario de 09:30 a 14:30 horas.

O curso é totalmente gratuíto e inclúe material didáctico, ademais de ofrecer un certificado oficial emitido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O obxectivo desta formación é achegar ás persoas participantes ao coñecemento básico da lingua galega e da súa cultura, favorecendo así a integración e a participación activa na comunidade local.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico formacionlugo@cruzroja.es ou chamando ao teléfono 607 346 269.

Esta iniciativa forma parte do compromiso da Cruz Vermella e das institucións colaboradoras por fomentar a diversidade cultural, o respecto lingüístico e a inclusión social en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.067727088928223