Cruz Vermella organiza un novo obradoiro de estimulación cognitiva en Vilalba

TerraChaXa
A actividade desenvolverase na aula do Centro de Saúde, en colaboración co Sergas e dentro do Plan Local de Saúde
curso-estimulacion-cognitiva-e-memoria
27 Jan 2026

Cruz Vermella Vilalba organizará este mércores 28 de xaneiro unha nova sesión do obradoiro de estimulación cognitiva, unha proposta dirixida a traballar diferentes exercicios destinados a mellorar o rendemento da memoria, así como habilidades de cálculo, atención e linguaxe. A actividade desenvolverase na aula do Centro de Saúde de Vilalba, en colaboración co Sergas e dentro do Plan Local de Saúde.

A sesión, que dará comezo ás 11:00 horas da mañá, terá unha duración de unha hora e media. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa entidade chamando ao teléfono 982 511 303 para obter máis información ou formalizar a súa inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.076597929000854