Cruz Vermella Vilalba imparte un curso gratuíto de galego

TerraChaXa
Celebrarase entre o 5 de marzo e o 11 de abril, en horario de 15:00 a 20:00 horas
curso-galego-cruz-vermella
28 Feb 2025

A Cruz Vermella de Vilalba organiza un curso gratuíto de comunicación en lingua galega dirixido a todas aquelas persoas que desexen mellorar as súas competencias nesta área de forma práctica e aplicada.

O curso, de 138 horas, celebrarase entre o 5 de marzo e o 11 de abril, en horario de 15:00 a 20:00 horas, e servirá para mellorar a expresión oral en distintos contextos, comprender textos con claridade e participar en debates con fluidez.  Tamén servirá para perfeccionar a escritura, redactando textos coherentes e estruturados, con técnicas efectivas e ferramentas dixitais, reforzando a ortografía e ampliando o vocabulario.

A formación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse chamando aos teléfonos 607 346 269 ou 982 231 613, ou enviando un correo electrónico a bepeuz@cruzroja.es.

⚙ Configurar cookies
0.95085191726685