Cruz Vermella Vilalba imparte un curso gratuíto de matemáticas

A Cruz Vermella de Vilalba organiza un curso gratuíto de matemáticas dirixido a todas aquelas persoas que desexen mellorar as súas competencias nesta área de forma práctica e aplicada.
O curso, de 138 horas, celebrarase entre o 10 de marzo e o 16 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas, e abordará aspectos clave como cálculo, álxebra, ecuacións, proporcións, gráficos e estatísticas, proporcionando unha base sólida para afrontar retos tanto na vida cotiá como no ámbito profesional.
A formación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse chamando aos teléfonos 607 346 269 ou 982 231 613, ou enviando un correo electrónico a bepeuz@cruzroja.es.