Cruz Vermella Vilalba organiza este mércores un paseo saudable

TerraChaXa
A ruta ten un percorrido duns 3 kms cun grao de dificultade baixa polo Paseo dos Soños
taller-cruz-vermella-vilalba
24 sep 2024

Este mércores día 25 de setembro, Cruz Vermella e Vilalba organiza un paseo saudable polo Paseo dos Soños situado na área recreativa da Madalena.

A ruta ten un percorrido duns 3 kms cun grao de dificultade baixa. O punto de encontro será no centro de saúde de Vilalba e a actividade terá unha duración de 1 hora e 30 minutos.

Será unha actividade totalmente gratuíta dirixida a persoas de todas as idades. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no teléfono de Cruz Vermella 982 511 303.

0.20735692977905