Cruz Vermella volverá impartir cursos de primeiros auxilios polas parroquias vilalbesas

TerraChaXa
Un ano máis Cruz Vermella de Vilalba, en colaboración co Concello, celebrará varios cursos de primeiros auxilios en once parroquias dentro do programa O Rural máis vivo.
1
22 Nov 2019

Un ano máis Cruz Vermella de Vilalba, en colaboración co Concello, celebrará varios cursos de primeiros auxilios en once parroquias dentro do programa O Rural máis vivo.

A formación en primeiros auxilios consistirá en cursos de catro horas nunha única xornada cunha parte teórica básica e outra práctica. Os asistentes aprenderán a realizar a reanimación cardiopulmonar, a reaccionar en caso de atragantamento ou a facer curas ante queimaduras.

Os cursos desenvolveranse a última semana de novembro e durante decembro. Finalizada a formación, cada asistente recibirá un diploma acreditativo da asistencia.

Todos aqueles que desexen información e anotarse aos cursos poden facelo a través das asociacións da súa parroquia ou nos números 982 511 303 e 620 218 127.

0.21011304855347