Cuarta Xusta presenta o seu novo traballo na Casa Museo de Manuel María
Cuarta Xusta, o grupo de rock melidense, interpretará o sábado día 20, na Casa-Museo Manuel María, o seu traballo discográfico Un novo espertar.
As persoas asistentes poderán escoitar a interpretación acústica dos temas de contido social e reivindicativo que compoñen o seu primeiro traballo e no que colaboraron varios artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus.
Baixo o lema Berrar con música as inxustizas que nos rodean, Aida (cantante), Marta (guitarra e violín), Lúa (batería), Alberto (guitarra) e Alba (baixo), iniciaron a súa actividade en 2016, e desde entón non pararon de dar concertos e tocar en distintos festivais de toda a xeografía galega.
As persoas interesadas en se achegar á Casa-Museo deben reservar a entrada (billete 5 euros), ou escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.