Cuba faise co bronce no Grand Prix de Francia

TerraChaXa
O deportista vilalbés José Cuba acadou esta fin de semana o bronce no Grand Prix de Francia Henry Deglane que celebrou a súa 46 edición en Niza.
podio
20 Jan 2020

O deportista vilalbés José Cuba acadou esta fin de semana o bronce no Grand Prix de Francia Henry Deglane que celebrou a súa 46 edición en Niza.

O vilalbés subiu ao podio tras vencer no seu grupo ante o belga Istapayev en primeira rolda  e perdendo posteriormente no combate por ser primeiro de grupo ante o bieloruso Khramin. En semifinais perdeu ante o tamén bieloruso Saidov, gañando finalmente a loita polo terceiro posto ante o exipcio Diaaldin.

"Esta medalla danos un pequeno impulso moral de cara á preparación do próximo europeo de Roma que terá lugar a mediados de febreiro e nos que se xogarán as seguintes dúas prazas para os Xogos de Tokio 2020", dixo.

Segundo explicou, a clasificación en Roma está moi difícil pois estarán presentes algúns dos principais candidatos para podio olímpico e que aínda non obtiveron praza no pasado mundial de Nur Sultan.

En marzo e abril terán lugar sendos torneos clasificatorios onde se repartirán as derradeiras prazas olímpicas, e esta medalla acadada en Francia "fainos crer nas nosas posibilidades para estar nos Xogos".

Esta mesma semana retomarán
os adestramentos coa vista posta na capital nipona  coa axuda do ucraniano Sergei Priadun que a semana pasada incorporouse aos adestramentos despois dunha baixa por lesión.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17886209487915