Culmina o programa de degustacións de produtos de razas autóctonas do verán nas festas de Cela

LugoXa | TerraChaXa
Decorrerán do 22 ao 25 de agosto coa música de Son Outeiro, Louband, Punto Clave e Tapyoka
festas-cela
22 Aug 2025

O programa Un gusto de rural, un rural degusto, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, remata a súa participación nas festas patronais esta fin de semana en Cela tras pasar por Castro Ribeiras de Lea, Ludrio e Bonxe ao longo do mes de agosto, promocionando a carne de razas autóctonas galegas.

As festas de Cela decorrerán do 22 ao 25 de agosto. Comezarán con unha degustación de escabeche de polo de Mos, xamón de Porco Celta e croquetas de carne de vacún de raza Vianesa.

A noite completarase cos cantos de taberna do grupo Son Outeiro e coa actuación da charanga Louband.

O sábado 23, ás 13:30, oficiarase a misa solemne na honra de San Roque. A continuación chegará o ambiente festivo co vermú e a primeira verbena a cargo de Punto Clave, e xa entrada a noite continuará a música da man de Tapyoka.

O domingo 24 volverá a celebración relixiosa, tamén ás 13:30, desta volta en honra de Santa María. O vermú estará animado por Tapyoka e, como colofón, ás 18:30 representarase a obra de teatro A viaxe do señor López. A comisión destaca a colaboración de empresas e entidades locais que fan posible o programa e convida a veciñanza e visitantes a gozar dunha fin de semana chea de sabor, música e tradición en Cela.

⚙ Configurar cookies
0.66872191429138