Cultura Activa desenvolve para Vilalba este domingo unha programación especial por streaming

TerraChaXa
Tralo éxito do primeiro espectáculo por streaming de Galicia realizado por Culturactiva S.
60M5nVMPUs5cna69uIHZc6aBCOmKiYAR57cgDByk0hQBwMPbNgtLeIY1HdE2WsDAj9Sdl5rYhuaeEVxywAhfhFoj3ecVl4RIW7guWca8bdrwpCcRo1S2A uVciJoFAlLqGbK gFjPa_s1LAPouTUiYjVsw2FEA=s0 d e1 ft
15 Maio 2020

Tralo éxito do primeiro espectáculo por streaming de Galicia realizado por Culturactiva S. Coop. Galega co Mago Teto, este domingo 17 de maio o colectivo Cultura Activa, no que se atopa o Concello de Vilalba, fará unha programación especial dende as canles de YouTube dos concellos de Soutomaior, Vilalba e Vilariño de Conso.

Cumprindo coas medidas de seguridade, acompañados de 5 cámaras e con realización en directo, ofrecerán os espectáculos As nosas Letras do Mago Teto e Puño, puñete de Baobab Teatro dende as salas baleiras para un público que fica na casa.

Unha programación especial e innovadora pensada para que toda a familia poida gozar do teatro a través das pantallas case como se asistise en directo, mantendo así vivas a cultura e a lingua nestes tempos de confinamento.

En Culturactiva S. Coop. Galega aseguran que "nesta nova situación é imprescindible buscar novos xeitos de programar, por iso o pasado 2 de maio iniciamos a nosa programación por streaming con éxito: máis de 200 persoas conectáronse para ver ao Mago Teto dende o Auditorio Municipal de Vilalba".

A programación desenvolverase co seguinte programa:

- As Nosas Letras (Mago Teto): 17:00h na canle de Vilariño de Conso (ademais haberá unha repetición ás 22:00h)
- Puño Puñete (Baobab Teatro): 19:30h na canle de Vilalba
-As Nosas Letras (Mago Teto): 19:30h na canle de de Soutomaior

 

0.18067097663879