Cultura e deportes para todas as idades en Vilalba
O Concello de Vilalba contará nos meses de xullo e agosto cun amplo programa deportivo e cultural para animar esta época do ano. Baixo o nome Verán Activo 2018 celebraranse unha xeira de actividades para toda a famlia que terán lugar na Área Recreativa da Maladena. No caso de condicións climatolóxicas adversas as actividades culturais celebraranse no auditorio e as deportivas no pavillón do CEIP Mato Vizoso (patinaxe) e na sala de fitness do auditorio (pilates).
As actividades culturais levaranse acabo os sábados sempre no mesmo horario, ás 18:00h, son gratuítas e non requiren inscrición, comenzando o sábado 7 de xullo coa actuación de Bandullo Azul e o seu espectáculo Flipa cos contos. O 21 de xulllo será a vez de Javi Javichi con Plato, platito, platete. Finalmente Paco Nogueiras representa Brinca e vai.
En agosot, a actividade cultural estará a cargo de Dani García, con Don Gelati; A trastenda dos contos, e Kanbohiota, con La Coquette.
O concello tamén realizará unha serie de actividades deportivas para as que o prazo de inscrición remata 6 de xullo ata cubrir as prazas por rigurosa orde de inscrición nas seguintes modalidades:
- Patinaxe: martes e xoves as 17:00 de 4 a 6 anos, 18:00 de 7 a 9 anos e 19:o0 de 10 a 12 anos (10 prazas por hora).
- Piragüismo: de luns a xoves as 17:00 de 8 a 12 anos e 18:00 de 13 a 16 anos (10 prazas por hora).
- Pilates: luns e mércores para maiores de 16 anos a elexir entre as 18:00 e 19:00 (15 prazas por hora).