Cuñados proxéctase en Muras este venres

TerraChaXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continuará este venres as proxeccións na rúa da película Cuñados en Muras.
Muras_Cartel_2021_Cunados_portada
24 Ago 2021

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continuará este venres as proxeccións na rúa da película Cuñados, que se está a realizar en doce concellos, organizadas coa colaboración de distintas asociacións.

Así, a proxección en Muras terá lugar na área recreativa da Veiga ás 22.00 horas. Haberá límite de aforo.

Dirixido por Toño Pérez e cun elenco formado por actores e actrices como Xosé A. Touriñan, Miguel de Lira,  Federico Pérez, Eva Fernández ou  Iolanda Muíños, entre outras, o filme, rodado en plena pandemia en localizacións de Ourense, estase a converter nunha das estreas do ano. Mantense en salas comerciais de Lugo, Coruña e Compostela despois de doce semanas na carteleira.

O responsable de Cine na rúa, Xoan Mariño, destacou que “o filme poida verse en sesións de cine na rúa, en vilas e localidades pequenas, ao tempo que segue nos circuítos comerciais é algo inédito xa que, explicou, este tipo de iniciativas non adoitan levarse a cabo ata un ano despois da estrea das películas”.  Pola súa banda, Alfonso Pérez Montaña, agradeceu “o apoio da Vicepresidencia á difusión do cine en galego” e convidou á veciñanza “a botar unhas risas co filme”.

Muras_Cartel_2021_Cunados
0.19287300109863