Curso de autodefensa feminista en Vilalba

TerraChaXa
Vilalba acollerá o 1 de xuño un obradoiro de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado pola Asociación Feminista en colaboración co Concello de Vilalba.
60680326_2357309844292569_4232506389773156352_o
29 Maio 2019

Vilalba acollerá o 1 de xuño un obradoiro de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado pola Asociación Feminista en colaboración co Concello de Vilalba.

Este curso, dirixido a mulleres de todas as idades será impartido por Lésbicas Creando, en horario único de 10.00 a 13.30 horas.

O curso impartirase na Sala de Loita do Auditorio de Vilalba e para inscribirse hai que facelo chamando ao  teléfono 664 257 017 antes do 30 de maio.

O obradoiro ten un prezo de 15 euros e un aforo máximo de 20 mulleres.

Lésbicas Creando é un proxecto interdisciplinar para o empoderamento das identidades nas marxes, que son as que reciben as violencias específicas por xénero e/ou identidade-orientación sexual. Neste tipo de obradoiros abordan a autodefensa feminista dende unha perspectiva integral, “traballando o m áis visible, as violencias e as respostas a elas que podemos percibir máis claramente, que se sitúan recoñecibles, na superficie. Mais tamén traballamos o profundo, o sutil, o negado e escondido”, como elas mesmas apuntan.

As organizadoras sinalan que “obradoiros destas características son moi necesarios, pois os talleres que se impartiran con anterioridade céntranse na defensa física esquecendo, moitas veces, a importancia de estar preparada mentalmente para enfrontarse a unha situación de perigo”. Así, convidan ás mulleres a asistir e desfrutar “dun espazo seguro no que empoderarnos”.

0.17303895950317