Curso de pilates en Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira impulsa un curso de pilates para o mes de decembro que se desenvolverá os luns e xoves entre as sete e media e as nove do serán na Casa da Cultura.
17 Nov 2017

O Concello de Meira impulsa un curso de pilates para o mes de decembro que se desenvolverá os luns e xoves entre as sete e media e as nove do serán na Casa da Cultura.

As clases darán comezo cando o grupo estea completo sendo o número mínimo de participantes de oito persoas. Os interesados e interesadas pódense inscribir na oficina de turismo durante esta fin de semana, no teléfono 618 679 632 ou a través do enderezo electrónico turismo@concellodemeira.com. A partir do luns 20 de novembro a Oficina de Turismo estará pechada por vacacións ata o mércores 29 polo que as inscricións poderanse facer na Casa do Concello de Meira ou por teléfono no 982 330 102.

O custe é de 30 euros por persoa ao mes.

0.081446886062622