Curso gratuíto en Friol sobre o uso de maquinaria agrícola os días 17, 18 e 19 de decembro

O Concello de Friol acollerá os días 17, 18 e 19 de decembro un curso gratuíto sobre o uso de ferramentas e maquinaria agrícola, organizado polo Sindicato Labrego Galego e COAG, cun financiamento íntegro do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. A formación desenvolverase en diferentes localizacións do municipio: o día 17 no Centro Colaborativo, o día 18 no local da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza e o día 19 en Macedo.
O horario será de 16:00 a 20:00 horas os días 17 e 18, mentres que o derradeiro día terá lugar de 15:00 a 19:00 horas. O programa inclúe contidos centrados en cercas e pastor e en manexo de animais en extensivo o día 17; desbrozadora e motoserra o día 18; e tractor e outra maquinaria agrícola o día 19.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 23 11 54 ou escribindo ao correo lugo@sindicatolabrego.gal. O curso está dirixido a persoas vinculadas ao sector agrogandeiro que desexen mellorar a súa capacitación técnica no manexo de equipamento esencial para a actividade rural.