Rábade acolle un curso de fotografía en feminino
TerraChaXa
O Concello de Rábade desenvolverá o día 21 de marzo unha charla-taller co título Fotografía e Empoderamento Feminino.
20 Mar 2019
O Concello de Rábade desenvolverá o día 21 de marzo unha charla-taller co título Fotografía e Empoderamento Feminino. Trátase dunha actividade aberta a mulleres de todas as idades, na que compartir espazo tempo e experiencias. A actividade enmarcáse dentro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. A actividade terá lugar no Centro Social de Rábade cunha duración de tres horas e posteriormente organizarase unha exposición coas fotografías realizadas polas participantes.
As mulleres interesadas en participar, poden anotarse no departamento de servizos sociais do Concello, ben de xeito presencial ou chamando por teléfono o 982 390 062