Curtametraxes en Guitiriz para celebrar o día máis corto do ano

TerraChaXa
Poderanse ver, a partir as 18.00 horas El principito Óscar’, ‘Gilbert’ e ‘Las piedras de luna’
sesion-de-curtas-guitiriz
18 Dec 2025

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá este venres, 19 de decembro, unha sesión especial de curtametraxes con motivo do día máis curto do ano, unha iniciativa incluída na programación de Nadal do Concello de Guitiriz.

Esta actividade, que xa se vén desenvolvendo en anos anteriores cunha excelente acollida por parte da veciñanza, terá lugar en horario de 18:00 a 19:00 horas e contará con entrada gratuíta.

Durante a sesión proxectaranse tres curtametraxes: El principito Óscar, Gilbert e Las piedras de luna, ofrecendo unha proposta cultural pensada para todos os públicos.

Ademais, as persoas asistentes poderán gozar de flocos de millo de balde, completando así unha tarde na que o cinema será o gran protagonista.

⚙ Configurar cookies
0.075597047805786