Custodia do Territorio e Guitiriz organizan unha xornada sobre especies invasoras
A Asociación Galega de Custodia do Territorio e o Concello de Guitiriz organiza para o día 5 de xullo de 17:00 a 20:00, a actividade titulada Especies invasoras da Terra Cha: identificación e erradicación.
Realizarase unha xornada formativa sobre a situación, problemática, inventario e erradicación destas especies. O 6 de xullo, de 10:00 a 19:00, realizarase unha xornada de voluntariado en diversas zonas do concello para a erradicación de flora alóctona invasora. A parte formativa e o punto de reunión para a de voluntariado será na Casa Habanera de Guitiriz. Para a xornada de voluntariado, recomendan roupa e calzado de traballo de campo. A comida e bebida apórtase desde a organización.
Nesta xornada pretenden achegar a problemática das especies invasoras para poder reducir e evitar os problemas que ditas especies poden causar na nosa biodiversidade. Consideran que esta xornada pode establecer novas canles de colaboración para mellorar a conservación do patrimonio natural e cultural de Galicia, polo que pregamos a súa asistencia.
Para poder participar é necesario escribir un email a custodiadoterritorio@gmail.com ou chamar ao teléfono 630 94 82 93 (teléfono ou WhatsApp), indicando o seu nome completo, DNI e teléfono móbil. Estes datos son necesarios para cumprimentar o seguro da actividade.